Menu

Vas a solicitar a baixa dos servizos da web.

Estás seguro?

Solicitar baixa

4th Foundation

4th Foundation

Chemel Ruiz e Pablo Trobo forman o dúo 4th Foundation. Coñécense a finais dos noventa nun clube underground da noite burelesa chamado Hipnose, onde comparten cabina. Varios anos despois, e tras haber traballado como dj's con artistas como Oscar Mulero, James Ruskin ou Tim Baker, deciden mergullarse na producción de música electrónica.
Publican o seu primeiro traballo no ano 2014 no selo ucraniano Callote (Nonsense EP) conseguindo en seis meses ser top 1 de ventas para o selo. Posteriormente fano noutros labels como Rote Recordings (Reino Unido), Under Noize (El Salvador), Smart Phenomena Records (Romania), One Music Records (Colombia), Condor Tunes (Argentina), Toxic Recordings (Portugal), Krunch (USA), Oxytech Limited (Ucrania) e Valis Recordings (Galiza). O track Dark Core do EP Inner world foi seleccionado por Fátima Hajji en Beatport como top 10 en noviembre de 2016.
Podemos considerar o seu estilo como unha búsqueda continua dun compromiso entre luz e escuridade. A receta consiste no uso do ostinato na liña melódica, creando progresións punzantes e vivas, ritmos nus, sen adornos superfluos, e graves densos e infinitos. A intención e crear atmósferas que obriguen a transitar as percepcións entre a emoción do baile e a introspección da mente.

CONTACTO

Pablo Trobo Reigosa

fourthfoundation4@gmail.com