O LOCAL DE MÚSICA

O concepto do Local de Música evolucionou constantemente desde que abríu. Nun comezo atendeuse á necesidade da mocidade de dispoñer de espazos gratuitos e abertos para facer música, encontrarse e reunirse.

O día a día do Local virou este concepto para consolidarse como un CENTRO SOCIOCULTURAL MUSICAL. Esta nova visión levou a replantear os usos e actividades do espazo.

USOS

O uso máis demandado do Local de Música é o de ensaio. Dispón de 3 salas de ensaio totalmente equipadas para que só teñas que chegar e enchufarte.

Tamén tes a posibilidade de gravar os teus propios ensaios, de autogravarte unha maqueta e de recibir formación específica sobre gravación musical; así como de outros ámbitos como a producción de eventos musicais, comunicación, marketing, concepto de banda, cómo conseguir concertos...

A equipa do Local está tamén á túa disposición para asesorarte, mentorizarte, facer un seguemento do teu proxecto e para resolver calquera dúbida que poidas ter.

ACTIVIDADES

Na sala de "coworking" poderás reunirte, charlar, planificar, coñecer xente... ou debuxar no "Muro de pensar" mentres tomas un café cun snack das máquinas exprendedoras.

Polo demais os usos e actividades son todos os que se che ocorran!

Temos feito presentación de discos, de videoclips, programas de radio, masterclass, clinics,... ate un "escape room"!!

Presenta a túa idea á equipa do local para realizala.