"A escena emerxente de Pontevedra"
Persoeiros e profesionais da música únense para partillar coñecementos nas Xornadas sobre Industria Musical no marco do programa Cabos Soltos
Terán lugar na Casa da Luz (Praza da Verdura s/n - Pontevedra).
¡Reserva a túa praza online! Entrada gratuíta e AFORO LIMITADO.
VENRES 22
10:30-12.00 | Das salas aos festivais: criterios programativos e conflitos.
As salas foron históricamente o medio natural do nacemento e desenvolvemento das bandas, pero o seu labor cada vez vese máis minguado pola aparición de festivais e as exclusividades que estes esixen aos seus participantes. É posible a harmonía entre ambas realidades?
Moderadora: Marián Fernández (O Cable Inglés)
Relatores: Julio Gómez (investigador, director de Sinsal), Tali Carreto (co-director Monkey Week)e Miguel de la Cierva (programador El Naútico)
INSCRIBIRME AGORA -> https://bit.ly/2O1QScT