CONVIVIO DO LOCAL DE MÚSICA
18-01-2020

CONVIVIO DO LOCAL DE MÚSICA

O Local de música organiza un “Convivio musical”



O sábado 18 de xaneiro, o Local de música de Pontevedra organiza unha xuntanza da escena musical pontevedresa no propio Local de música.



O Local de música organiza este sábado 18 de xaneiro un “convivio musical”, no propio Local de música, onde se xunta a músicas da escena pontevedresa para debater e presentar a novas bandas e proxectos interesantes da cidade. Tamén se fará unha gravación de bandas en directo.



Despois de 12 anos de actividade, polo Local de música pasan e pasaron centenares de proxectos e milleiros de persoas de distintas xeracións. É o momento outra vez, de darlle voz á mocidade que ensaia no Local e de darlle a oportunidade de presentar ás súas novas bandas e proxectos. Con certeza que teñen moito que aportar á escena musical pontevedresa. Tamén se comentarán as novidades relacionadas coa propia actividade do Local, e todo o previsto para este ano 2020.



Haberá espazo tamén para que as novas xeracións escoiten de primeira man a proxectos interesantes da cidade e para que xunten ideas, debatan e se coñezan. Hai preparado un espazo de contacto durante un pequeno catering que se servirá no propio Local para as persoas asistentes.



Pola tarde levarase a cabo a gravación de vídeos de cancións en directo de varias novas bandas da cidade, dentro do proxecto “rock&lerez” do propio Local.



O “convivio musical” xa ten completo o aforo, pero poderase seguir online a través das redes sociais do Local de música.



Horario:

10:30-14:00 Presentación de proxectos e debate

14:00-15:30 Comida e networking

15:30-20:00 Gravacións en directo

ÚLTIMAS NOVAS