"MR. RIVER" presenta "On the dock"
15-02-2020

"MR. RIVER" presenta "On the dock"

“Mr. River” presentan o seu novo disco “On the dock”



O sábado 15 de febreiro, ás 12:00h, no Local de música de Pontevedra, a banda “Mr. River” fai un acto de presentación do seu novo disco chamado “On the dock”.

“Mr. River” son unha banda pontevedresa que se auto denominan “River Style”, son americano feito en Galicia. Formada por Miguel del Río, Santi San Mar e Marcos Corbacho fusionan diferentes estilos como o jazz, rock, blues, flamenco, funk, música tradicional galega e influencias de músicos e bandas como; Joe Satriani, Steve Vai, Andy Timmons... Veñen de tocar no 27º Festival Internacional de Jazz&Blues de Pontevedra 2019.

Este sábado 15 de febreiro, ás 12h no Local de música, presentan o seu segundo EP chamado “On the dock”, onde falarán do proceso de gravación, proxectarán vídeos, sonará o EP e tocarán en directo.



YOUTUBE: https://www.youtube.com/c/MRRIVER

FACEBOOK: https://www.facebook.com/mr.riverband/

INSTAGRAM: https://www.instagram.com/mr.riverband

TWITTER: https://twitter.com/MRRIVER17

WEB: http://mrriver.es/

ÚLTIMAS NOVAS