Menu

Vas a solicitar a baixa dos servizos da web.

Estás seguro?

Solicitar baixa
O LOCAL ONLINE
16-03-2020

O LOCAL ONLINE

Arriba eses ánimos xente, que o Local esté pechado de forma física non significa que cesemos a nosa actividade dixital.



Neste días de confinamento polo Estado de Alarma decretado polo COVID-19, arrancamos o noso "programa de actividades online" para que entre todas levemos un pouco mellor a situación. Estamos abertas a suxerencias, propostas, colaboracións ou que aportedes material.



Horario:




  • 10-12h - MUSIC LAB: Compartiremos material interesante sobre música, tecnoloxía ou innovación.

  • 12-15h - CLASE DE HISTORIA: Cada día falaremos sobre unha banda mítica da cidade de Pontevedra.

  • 15-18h - IEOMGDHDP: O xogo das votacións será o noso "recreo".

  • 18-21h - MATERIAL DIDÁCTICO: Compartiremos material, consellos ou tutoriais creados por nós ou externos.

  • 21h - DEBERES: Concerto mítico para ver, escoitar e aprender.



A partir de mañá martes 17, a até que a situación mude, continuaremos con propostas para facer todo isto máis levadío.

ÚLTIMAS NOVAS