Manu Díaz Trío

Manu Díaz Trío

Manu Díaz Trío é un banda de jazz de Pontevedra formada por Rubén Iglesias á batería, Alberto Rial ao contrabaixo e Manu Díaz á guitarra.
Os tres integrantes recibiron clases no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e foron seleccionados para formar parte do Spj Group acompañando, dentro do ciclo Jazz no Principal, a músicos coma Daniel Juárez, Kike Perdomo ou Reinier Elizarde "El Negrón".
Nas súas actuacións, O Manu Díaz Tría leva a cabo versións de bandas de Rock con arranxos orixinais, standards clásicos de jazz, bossa novas e temas propios, tendo estes últimos unha clara influencia de enerxía propia do Rock.
Da traxectoria desta banda pódese destacar que foron a banda residente encargadas de abrir as Jams Sessions mensuales no Bar O diaño, participaron no verán 2020 no Festival de Jazz da Armenteira, baixo o nome New Ensemble Trio, e abriron o ciclo Jazz na Rúa da cidade de Pontevedra, tamén no veran de 2020. Ademáis tamén tocaron el lugares tan importantes dentro da escea de jazz galego como é a Casa de Arriba, na cidade de Vigo.

CONTACTO

Manuel Díaz Rodríguez

nolodr14@gmail.com 638280550