Agradecementos SON DA SEREA 19
01-08-2019

Agradecementos SON DA SEREA 19

? Como molades ?



O #SonDaSerea19 foi unha auténtica pasada ?, e todo gracias a todas e cada unha de vós.

A unhas bandazas, ?‍? ?‍? que durante dous meses estiveron traballando ? duro, asistindo a todas as sesións de formación ? no Local e cunha actitude e seriedade digna do que son, profesionais da música.

Grazas ?‍? ?‍? Jacobo Sainz, Liberad al Kraken, Cubo Metalico, FLAVA BOWL, Anecoid, Fast Fuzz, Ashes of Eden e AnodhoR. É un orgullo para calquera persoa pontevedresa ter enriba dun escenario ? a calquera de vós.

Grazas tamén a Javito, Richard, Luis e Xito ? polo traballazo aos mandos do son e luces. ?? Noraboa.

E como non... ao equipazo do ? Curso de produción de eventos musicais, sodes unhas pedazo ? de profesionais que estades listas para traballar en calquera sitio.

Estamos na recta final, pero aínda queda o mellor ? de todo. O proxecto "A Peregrina" ?, con Fondo Norte ao frente, o sábado 10 de Agosto nas Festas da Peregrina de Pontevédrate.



Están preparando un bolazo ? como colofón ? da música emerxente ? pontevedresa



Foto por Cristina Saiz de PontevedraViva.

ÚLTIMAS NOVAS