"A escena emerxente de Pontevedra"
Persoeiros e profesionais da música únense para partillar coñecementos nas Xornadas sobre Industria Musical no marco do programa Cabos Soltos
Terán lugar na Casa da Luz (Praza da Verdura s/n - Pontevedra).
¡Reserva a túa praza online! Entrada gratuíta e AFORO LIMITADO.
XOVES 21
10:30-12:00 | A escena musical actual en Pontevedra
Análise da situación da industria na cidade de Pontevedra. Iniciativas, fitos, oportunidades e riscos e desvantaxes.
Moderadora: Marisa Ciordia (xornalista PontevedraViva)
Relatores: Carlos Crespo (Fugas, La Voz de Galicia), Gonzalo Maceiras (coordinador da Escola Estudo Bonobo e músico) e Anabel Gulías (Concelleira de Promoción Económica e Turismo).
INSCRIBIRME AGORA -> https://bit.ly/2CgrU4U