"A escena emerxente de Pontevedra"
Persoeiros e profesionais da música únense para partillar coñecementos nas Xornadas sobre Industria Musical no marco do programa Cabos Soltos
Terán lugar na Casa da Luz (Praza da Verdura s/n - Pontevedra).
¡Reserva a túa praza online! Entrada gratuíta e AFORO LIMITADO.
VENRES 22
16:00-17:30 | Resolución de conflitos contractuais. Cumprimos todos coa lei?
Poremos sobre a mesa os problemas aos que nos enfrontamos salas, músicos, festivais e axencias para o cumprimento efectivo das diferentes leis que afectan o desenvolvemento da nosa actividade.
Moderador: Tomi Legido (vogal da AGPXC- Asociación Galega de Profesionais de Xestión cultural, programador sala Mardi Gras)
Relatores: Fran Velo (baixista en Heredeiros da Crus e The Lákazans), Xabier Alonso (director da Asociación Festivais de Galicia) e Patricia Gabeiras (doutora en Dereito da Cultura e socia directora da firma Gabeiras & Asociados).
INSCRIBIRME AGORA -> https://bit.ly/2ChGKbb